Logo Almacén de Fábulas

Castelao en Pontevedra (1916-1936)

20,00 

Miguel Pérez Ramudo, licenciado en BBAA na facultade de  Pontevedra,  xa ten  experiencia facendo banda deseñada de xénero biográfico: no ano 2020 obtivo o 1º Premio de Banda Deseñada Xuventude Crea  pola obra Joaquín Vaamonde (1871-1900) Unha promesa truncada da Xeración Doente e no 2021, coincidindo co ano das Letras Galegas dedicado a Carballo Calero, publica con Lela Edicións Ricardo Carvalho Calero Unha Biografía En Viñetas.

Agora acomete o proxecto dedicado a Castelao e centrado no período pontevedrés, tan determinante para a súa traxectoria vital, artística e política.

Esta banda deseñada recibiu o apoio do Museo de Pontevedra.

52 páxinas

Encadernación en tapa dura, plastificado mate

A4 (vertical)

1ª edición: 2025

Completa a túa colección