Logo Almacén de Fábulas

Un proxecto editorial de acuarelas en Galicia

Un proxecto editorial especializado na publicación de cadernos de acuarelas.

Un proxecto editorial de acuarelas en Galicia

Un proxecto editorial especializado na publicación de cadernos de acuarelas.

Almacén de Fábulas é unha editorial especializada en amosar a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística de varias cidades  e comarcas de Galicia a través de acuarelas. Unha mirada diferente que a cotío se coñece como Caderno de Viaxe. A intención fundamental é que as dimensións, os materiais empregados e, sobre todo, os debuxos sumen os principios desexables de atractivo e calidade.

Dende 2015 editáronse os títulos dedicados a Pontevedra, O Salnés, Viveiro, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Ribeira Sacra, Ourense, Cambados, Costa da Morte, Val Miñor e Baixo Miño, Eume, Ferrol e Ortegal. Todos eles son libros eminentemente visuais de fácil captación para turistas, viaxeiros de toda orixe e, por descontado para os propios veciños destas vilas e cidades. Estes cadernos resultan moi xeitosos como agasallo promocional, como presente de agradecemento e como medio de difusión dos valores artísticos da nosa terra.

Como primeira incursión fóra de Galicia, publicouse Cuaderno Toscano no que Isabel Parreño é responsable do magnífico texto (en castelán) complementado cos mapas e as acuarelas de Eduardo Baamonde.

Eduardo Baamonde

Autor e ilustrador de varios libros infantís e cadernos de viaxe. Recoñecido con numerosos premios: como deseñador gráfico na realización de carteis e logotipos, así como na faceta de humor gráfico e, sobre todo, na especialidade de Pintura Rápida. Debuxante infatigable que sae á rúa sempre acompañado dun caderno e unha caixiña de acuarelas. Pola súa paixón por esta técnica foi seleccionado para expoñer nas edicións de 2012, 2016 e 2022 da Biennale de Carnet de Voyage de Clermont-Ferrand. Convidado a participar no Festival des Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais (2006 e 2017), seleccionado para o Festival Confluences de carnet de voyage (Aiguillon, 2019), para o Salon International de Carnet de Voyage en Provence (Aix-en-Provence, 2023) e para o Salon de Carnet de Voyage de Lourmarin (Provence) no 2024. A súa afección por facer apuntes do natural converteuno nun dos primeiros corresponsais en España de Urbansketchers. Sobre Galiza leva publicados os cadernos referidos a Santiago, A Coruña, O Camiño Norte, O Camiño Primitivo, A Mariña de Lugo, A Ruta Pardo de Cela, O Salnés, O Grove, Pontevedra, Vigo, Lugo, Ribeira Sacra, Eume, Ferrol e Ortegal, Ourense, Costa da Morte, Val Miñor e Baixo Miño, Vilalba e A Terrachá, Ribadeo, Viveiro ou Cambados.

Debuxar Galicia con alma

Cada un dos seus cadernos é un percorrido emocional pola identidade visual de Galicia. 

Baamonde retrata con tinta e acuarela tanto os lugares máis emblemáticos como os menos coñecidos. Cun trazo rápido e audaces manchas de acuarela constrúe a esencia dos lugares, convertendo cada caderno nunha visión honesta e directa da alma galega.

O noso percorrido

Fitos clave na historia editorial de Almacén de Fábulas

Nacemento do proxecto

En Cambados (Pontevedra), Anabel Ramudo funda Almacén de Fábulas, un selo editorial que nace coa intención de retratar Galicia a través de cadernos de acuarelas. Un proxecto pioneiro na edición artística con alma galega.

Literatura para os máis pequenos

Lanzamento de Miles de Libros, un álbum ilustrado infantil escrito e debuxado por Eduardo Baamonde, para achegar ás crianzas ao mundo dos libros e da ilustración.

Lanzamento da tenda en liña

A web oficial de Almacén de Fábulas ve a luz, facendo accesibles os nosos cadernos ao público de todo o mundo e reforzando a nosa presenza como proxecto cultural galego con proxección global.

Publicación do Cuaderno Toscano

Primeira incursión fóra de Galicia da man de Isabel Parreño, autora do magnífico texto –en castelán- complementado cos mapas e as acuarelas de Eduardo Baamonde. Entre os dous compoñen un pracenteiro retrato da Toscana que convida a deixarse transportar polas súas entretidas páxinas.