Términos e condicións
Gastos de envío e devolucións
Gastos de envío
O envío é gratuíto para todo o territorio español. Para envíos a outros destinos, pregámosche que nos consultes previamente [aquí].
Dereito de desistimento
Se desexas devolver algún dos libros adquiridos, dispós dun prazo máximo de 14 días naturais desde a data de recepción do pedido para facernos chegar a devolución.
Non se aceptarán devolucións fóra de prazo nin aquelas que non fosen comunicadas previamente mediante unha incidencia rexistrada [aquí].
Os artigos devoltos deben estar no mesmo estado de conservación no que foron enviados.
Para garantir que a devolución chega correctamente ao noso almacén, recomendámosche realizar o envío a través de Correos, e incluír no paquete unha nota cos teus datos persoais e o número de pedido correspondente.
Unha vez recibamos o/s libro/s devolto/s, poderás elixir entre dúas opcións:
Recibir o importe como saldo a favor na túa conta de cliente para futuros pedidos.
Solicitar o reembolso directo na tarxeta coa que realizaches o pago.